Monday 29 de April de 2024

Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: A importancia da conservación dos océanos


O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o próximo venres 1 de marzo da man de Sebastián Losada Figueras.

O venres 1 de marzo ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida polo ecoloxista e activista, licenciado en Ciencias do Mar e asesor de Greenpeace Internacional; Sebastián Losada Figueras sobre “A importancia da conservación dos océanos”.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.